martes, 28 de diciembre de 2010

GRACIAS A TODOS!!!


Entre todos logramos facer o Domingo 26 unha gran festa homenaxe a Aarón.
Dende o Outes FC, agradecer a colaboración de todos e cada un dos que fixestes posible este emotivo acto.



A recaudación en taquilla foi superior ós 900 €. O Outes FC aportou unha modesta cantidade ata cubrir os 1000 € que se lle fixeron entrega ó finalizar o partido.

jueves, 23 de diciembre de 2010

jueves, 16 de diciembre de 2010

miércoles, 15 de diciembre de 2010

PREMIO DEPORTISTA DO ANO

O vindeiro 26 de Decembro, o Outes fará entrega do II premio anual ó Deportista do Ano. En esta ocasión o elexido non é outro que Aarón Filgueira. Para completar a festa, o Outes FC disputará un partido amigable diante da Esteirana.
A taquilla recaudada en dito partido será donada integramente a Aarón Filgueira, para así axudar a paliar a falta de patrocinio que o noso campión sufre.
Deamos a merecida homenaxe a este gran deportista!!!

Resultados da fin de semana

Os encontros comezaron o sábado pola mañán coa derrota inesperada dos cadetes en Fisterra. Os fisterráns fixéronse fortes no seu recén estreado campo e coa axuda inestimable do público conseguiron dobregar ós nosos por 3-2. A clasificación non sufre variacións significativas. Seguimos no terceiro posto.
Xa pola tarde, os xuvenís desprazaronse á Picota a disputar o partido contra o Mazaricos, pero estenon se puido disputar pola incomparecencia do colexiado que debería arbitrar o partido.

O domingo pola mañá, os infantís conseguiron sacar un valioso punto no Municipal de Lombáns (Carnota), ante un moi duro rival. O resultado final foi de 1-1, pero os nosos dispuxeron de numerosas ocasións para poder levarse o partido. O gol de Agustín da un novo empate á espera de recibir ó lider intratable da categoría: o Dumbría, que ven de golear esta fin de semana por 20-0 ós Miudos de Muros.
O desprazamento do equipo de 3ª autonómica a Buño para xogar o último partido da 1ª volta non saeu como a todos nos gustaría. O resultado final de 3-1 non é reflexo do acontecido no terreo de xogo. Todo puido cambiar si Pesco aproveita un man a man que tivo co porteiro local ó pouco de comezar o partido e co 0-0 ainda no marcador. Pero parece que últimamente non temos a sorte de cara e un Cerqueda moi ordeado e eficaz encargouse de poñer o encontro ó seu favor. Deivi recortou diferencias con un remate de cabeza pero os tres puntos voaron cara Malpica. A próxima fin de semana rendimos visita a Laxe no primeiro partido da segunda volta. A ver si comezamos con bo pe e conseguimos puntuar de novo fora da casa, que este ano estanos a costar mais da conta.

jueves, 2 de diciembre de 2010

Tarde, pero.... RESULTADOS DA FIN DE SEMANA PASADA

3ª AUTONÓMICA
LIRA 0 - 1 OUTES

1ª AUTONÓMICA XUVENIL
OUTES 4 - 2 DUMBRIA

2ª AUTONÓMICA CADETE
CORISTANCO 1 - 7 OUTES

2ª AUTONÓMICA INFANTIL
BERGANTIÑOS 6 - 1 OUTES