viernes, 13 de mayo de 2011

Pequeno contratempo


Nando, con un pequeno pinchazo muscular, descartado para esta fin de semana. A fichaxe mais esperada terá que agardar para o seu debut na copa da costa.

miércoles, 11 de mayo de 2011

martes, 10 de mayo de 2011

OITAVOS DE FINAL

Unha vez pasados os 1/16 de final, enfrontámonos ó MUXIA FC. Eliminatoría que se xogará primeiro no Conchido o vindeiro domingo 15 ás 17:00 h. e o de volta na Arliña o domingo 22.

Esperamos o voso apoio para poder chegar ós cuartos de final!!!

Os demais enfrontamentos da Copa da Costa son os que siguen:








domingo, 8 de mayo de 2011

RESULTADOS DO DOMINGO

FELICIDADES EDU!!! Autor de un gol ante o Lira. Ánimo campeón.
O desprazamento dos infantís a Coristanco resultou do mais apaixoante. Logo dun comezo arrollador dos locais que sairón en tromba e lograron adiantarse en apenas media hora por 3-0, chegou a reacción dos nosos. Fran, de duro tiro pola escadra marcou o 3-1 antes do descanso e nunha moi boa segunda parte Manuel (de penalti) e Fabio colocaron o definitivo 3-3 no marcador.
Punto e final á tempada dos Infantís.


Por outro lado, o partido de volta dos 1/16 de final da Copa da Costa celebrado en Carnota, trouxo unha nova goleada dos nosos ó Lira CF. 0-4 con goles de Kin, Arturo, Chúa e Edu, e que deixa o total da eliminatoria en 8-0. O vindeiro rival a enfrontarse será o Muxía que apeou ó Porteño nesta ronda.
Para afrontar esta próxima rolda da Copa, o clube está a xestionar entre outros, a incorporación de Nando "Chasco".

sábado, 7 de mayo de 2011

RESULTADOS DESTE SÁBADO



Comezou cedo esta xornada de sábado coa disputa en Esteiro do partido de cadetes. O resultado (3-1) non reflexa a realidade do partido, na cal os nosos deron a cara en todo momento, e tan só nos minutos finais se decantou o partido do lado local.

Por outra banda, o dobre enfrontamento contra os miudos de Muros, saldouse con dúas claras victorias nas categorías benxamín e alevín. Roberto, nos benxamíns e Adán nos alevíns, foron os mais destacados logrando 3 e 4 goles respectivamente.

jueves, 5 de mayo de 2011

VOLTA DA COPA

Ahí vai o OUTES FC e a súa mareona para Lonbáns!!!


O vindeiro domingo afrontamos a volta dos 1/16 final da copa da costa. O partido será en Lonbáns (Carnota), ás 19:30. A saída terá lugar ás 17:30 dende a Praza de Galicia. Os afionados que queiran acompañar ó equipo, están invitados.

domingo, 1 de mayo de 2011

Fichaxes para a Copa


En vistas de que a eliminatoria de 1/16 está encamiñada, vamos a facer unhas fichaxes para poder competir por levarnos esta edición da COPA DA COSTA.

O desembolso económico vai a ser grande, xa que as súas clausulas de rescisión e altas fichas non son asequibles para calquera clube, pero cremos que merece a pena.


FELICIDADES MAMIS!!!