miércoles, 18 de mayo de 2011

1-2. AMIGABLE DÍA DAS LETRAS GALEGAS

1-2, pero moi bo sabor de boca o que nos deixaron este pasado martes os nosos. O primeiro tempo foi mais ben de tanteo con pouco futbol e poucas ocasións de gol, que pouco mais sirveu que para ver en acción a Fernando (fichaxe para a copa procedente do Cruido). O Esclavitude adiantouse nun barullo á saída dun corner contra o final deste primeiro periodo.
Sin embargo na segunda parte o equipo volveu a ser o de sempre e o balón circulaba de lado a lado creando situacións de perigo constantemente. Pero nunha contra o Esclavitude consigueu poñer o 0-2 no marcador. Esto non foi un problema e o equipo seguiu na súa liña a buscar ocasións a base de mover e mover o balón. Xa na recta final do encontro Sergio Caamaño marcou o 1-2 final.
Bo partido en xeral, a pesares das baixas.
Destacar o debut de Fernando, así como a actuación no encontro de Angel, Piti, Piki, Edu ;) ou Sergio (rapaces ainda en idade xuvenil).

domingo, 15 de mayo de 2011

2-0 E AS ESPADAS EN TODO O ALTO.

Bo resultado o colleitado hoxe no Municipal do Conchido. O partido foi moi trabado e con pouco futbol, pero ó final o 2-0, goles de Pesco e Sergio (xuvenil) da un aire de optimismo para afrontar o partido de volta na Arliña.




Gardouse un emotivo minuto de silencio como repulsa á violencia de xénero e polo fallecemento de D. José Alborés, avó de Álvaro, xogador do OUTES F.C.

viernes, 13 de mayo de 2011

O OUTES F.C. Contra a violencia de xénero


Logo do acaecido en Noia e non podendo ser doutra forma, o OUTES FC mostra o seu mais rotundo rexeite á violencia de xénero.

Chegue dende esta terra veciña un abrazo a familiares e amigos.



Pequeno contratempo


Nando, con un pequeno pinchazo muscular, descartado para esta fin de semana. A fichaxe mais esperada terá que agardar para o seu debut na copa da costa.

miércoles, 11 de mayo de 2011

martes, 10 de mayo de 2011

OITAVOS DE FINAL

Unha vez pasados os 1/16 de final, enfrontámonos ó MUXIA FC. Eliminatoría que se xogará primeiro no Conchido o vindeiro domingo 15 ás 17:00 h. e o de volta na Arliña o domingo 22.

Esperamos o voso apoio para poder chegar ós cuartos de final!!!

Os demais enfrontamentos da Copa da Costa son os que siguen: