miércoles, 6 de julio de 2011

martes, 5 de julio de 2011

RESULTADOS DA XORNADA 1

A falta de que se disputen hoxe os partidos do grupo E, os resultados da 1ª xornada son os seguintes:
TARÁS 7-2 T. VILLADE
EQUS 3-1 TROCOLO N.

OS DA CRUZ 6-0 ELECTRILAR

LABARTA 0-4 B. TOFFE
E. JURADO 0-4 C. FERNÁNDEZ

LANTAROU 2-1 A TASQUIÑA
AD A CRUS 1-0 SAN ORENTE

En canto se disputen os partidos do Grupo E, colgaremos as primeiras clasificacións.

Nota:
O grupo A e B serán reestructurados dada a baixa de última hora de un equipo. Pasando así a ter 4 equipos cada grupo. Os cambios nos horarios serán debidamente comunicados ós equipos implicados.

domingo, 3 de julio de 2011

Hoxe comeza o IV Torneo de Futbol 7 OUTES FC





Hoxe comeza no Campo Municipal do Conchido a IV edición do Torneo de Futbol 7 organizado polo OUTES F.C.
A edición do 2011 contará con un total de 21 equipos de Outes e dos concellos lindantes de Noia, Muros, Mazaricos e Lousame.
Nas imaxes pódese observar as normas que rexirán o torneo, así como o calendario de partidos e o sistema de competición.

martes, 28 de junio de 2011

REMATE DO PRAZO DE INSCRICIÓN


ESte xoves 30 remata o prazo de inscrición de equipos para o IV Torneo de Futbol 7 Outes FC.
Recordamos que para inscribirse, tan so chega con mandar un correo a futbol7@outesfc.es cos seguintes datos:
-Nome de equipo
-Nome de representante
-Teléfono de contacto

O prezo da inscrición é 110 €
Reunión de delegados para o sorteo: venres 1 de xullo ás 21.30 no Municipal do Conchido.

lunes, 27 de junio de 2011

TODA UNHA FESTA!


Así lucía o Municipal do Conchido antes de dar comezo o esperado partido entre OUTES FC - AFICIONADOS FC

Espectáculo en estado puro, o que se puido ver este sábado pasado no Municipal do Conchido con xogadas espectáculares, bromas, reencontros con ex-compañeiros, "patadiñas" e moitos goles. O resultado: 9-2 (Manolo xa non tiña mais números), era o de menos. Falase incluso de que lles deixaron gañar. Sonche faladurías...



O remate poidemos disfrutar dunha sabrosa churrascada (e os seus correspondentes cacharoos) ata as tantas da magrugada. (FOTOS NO!!!)

En fin, remate da tempada e alerta, que dentro de pouco mais dun mes comeza outra.
Gracias a todos en nome da plantilla, colaboradores e directivos.

sábado, 25 de junio de 2011

MESSI, todo un detalle. Unha declaración de intencións.

Enrique Fornís (Presidente do Outes FC): "Creemos ter atado ó mellor xogador do mundo".
Sonche rumores, pero...

miércoles, 22 de junio de 2011

PARTIDO HOMENAXE Á AFICIÓN

Este próximo sábado, ás 20:00 h. terá lugar o partido aprazado no seu día polo falecemento da avoa de Dani DB, entre o OUTES FC e os AFICIONADOS DO OUTES. Este entretido partido contará con ex xogadores que conseguiron victorias e títulos para o OUTES FC nos seus tempos. Logo do partido terá lugar unha churrascada para poñer fin a esta tempada que tan bo sabor de boca nos deixou nos seus últimos coletazos.

Ánimo para todos, e ............
NON SE LASTIMAR.