martes, 28 de junio de 2011

REMATE DO PRAZO DE INSCRICIÓN


ESte xoves 30 remata o prazo de inscrición de equipos para o IV Torneo de Futbol 7 Outes FC.
Recordamos que para inscribirse, tan so chega con mandar un correo a futbol7@outesfc.es cos seguintes datos:
-Nome de equipo
-Nome de representante
-Teléfono de contacto

O prezo da inscrición é 110 €
Reunión de delegados para o sorteo: venres 1 de xullo ás 21.30 no Municipal do Conchido.

lunes, 27 de junio de 2011

TODA UNHA FESTA!


Así lucía o Municipal do Conchido antes de dar comezo o esperado partido entre OUTES FC - AFICIONADOS FC

Espectáculo en estado puro, o que se puido ver este sábado pasado no Municipal do Conchido con xogadas espectáculares, bromas, reencontros con ex-compañeiros, "patadiñas" e moitos goles. O resultado: 9-2 (Manolo xa non tiña mais números), era o de menos. Falase incluso de que lles deixaron gañar. Sonche faladurías...



O remate poidemos disfrutar dunha sabrosa churrascada (e os seus correspondentes cacharoos) ata as tantas da magrugada. (FOTOS NO!!!)

En fin, remate da tempada e alerta, que dentro de pouco mais dun mes comeza outra.
Gracias a todos en nome da plantilla, colaboradores e directivos.

sábado, 25 de junio de 2011

MESSI, todo un detalle. Unha declaración de intencións.

Enrique Fornís (Presidente do Outes FC): "Creemos ter atado ó mellor xogador do mundo".
Sonche rumores, pero...

miércoles, 22 de junio de 2011

PARTIDO HOMENAXE Á AFICIÓN

Este próximo sábado, ás 20:00 h. terá lugar o partido aprazado no seu día polo falecemento da avoa de Dani DB, entre o OUTES FC e os AFICIONADOS DO OUTES. Este entretido partido contará con ex xogadores que conseguiron victorias e títulos para o OUTES FC nos seus tempos. Logo do partido terá lugar unha churrascada para poñer fin a esta tempada que tan bo sabor de boca nos deixou nos seus últimos coletazos.

Ánimo para todos, e ............
NON SE LASTIMAR.

lunes, 20 de junio de 2011

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN FUTBOL 7


Dende hoxe, día 20 de xuño ata o 30 do mismo mes, estará aberto o prazo de incrición para a disputa do IV Torneo de verán Futbol 7. O desenrolo do mesmo será moi parecido ó de anos anteriores, disputandose durante todo o mes de xullo en horarios de 21:00 en adiante, de luns a venres. Sistema de liguilla entre varios grupos e eliminatorias a partires de oitavos de final.
O venres, día 1 de xullo, ás 21.30 terá lugar a reunión de delegados no Campo Municipal do Conchido para proceder ó sorteo dos grupos e realización de calendarios.
O luns 4 de xullo dará comezo o torneo que terá o seu remate, si non media impedimento, o 30 do mesmo mes.


Tfonos de contacto:
639069784 - Carlos
653990148 - Almallo
670514530 - Jorge

e-mail de contacto
futbol7@outesfc.es
enviar:
-nome de equipo
-nome representante
-nº de teléfono de contacto

sábado, 18 de junio de 2011

O Outes FC de luto


O Outes FC anula tódalas actividades previstas para esta fin de semana entre as que se encontraban o partido contra a afición e unha churrascada posterior polo triste falecemento da aboa de Daniel Rodríguez (DB).
Unha aperta enorme para el e demais familiares.

lunes, 6 de junio de 2011

Homenaxe á PRESIDENTA



Onte puidemos rendir homenaxe (non o que se merece), a Dona María Rico Morado "AMPARO", quen foi presidenta do Outes FC alá polos finales dos 80.