jueves, 12 de agosto de 2010

O GRAN DERBI


Acércase o momento. Os equipos sinten a presión. Os aficionados mandan recado ós seus veciños. Todo está listo para o primeiro GRAN DERBI da tempada 2010/2011.

Este sábado no Municipal do Conchido, ás 20:30 h. terá lugar o derbi mais quente da 3ª División. SANTA COMBA -- NEGREIRA.

Claro que o plato forte (salvando as distancias) estará dúas hora antes cando o Outes F.C. faga a presentación oficial ante a súa afición coa disputa do partido OUTES F.C. -- PORTO DO SON.

Contaremos tamén na xornada do sábado coa presencia dos xuvenís da Esteirana que se medirán ó noso equipo Xuvenil. Esto será ó redor das 16:30.

Xa o Domingo contaremos de novo coa presencia dos nosos veciños de Esteiro para a disputa da final de Cadetes (Outes - Esteirana), 18:30 h.

E por suposto, a GRAN FINAL a disputar entre os equipos gañadores das semifinais do día anterior, poñendo así colofón a esta edición do Torneo CONCELLO DE OUTES 2010. A final dísputarase ás 20:30.

Esperamos contar coa vosa presencia. Os carnets de socio estarán a disposición dos socios para ser retirados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario