lunes, 6 de septiembre de 2010

CAERON OS TRES PRIMEIROS PUNTOS

Saul, autor do primeiro gol da Tempada 10/11

Bo partido contra un incomodo Laxe, que non puxo as cousas nada fáciles.
Na primeira metade notouse que era o primeiro partido oficial da tempada e as numerosas baixas cas que chegabamos, pero unha vez superados os primeiros 45 minutos, chegou o bo xogo e dominio da segunda parte na que puideron caer algún que outro gol mais.



A expulsión de Potro por dobre amoestación foi o único pero a unha xornada na que, por enésima vez, o Municipal do Conchido rexistrou unha formidable entrada. Saul foi o autor do primeiro gol da tempada, mentras Chúa conseguía poñer o 2-0 da tranquilidade no tramo final do partido. Destacar o debut do xuvenil Sergio Caamaño, que estivo moi activo nos 20 minutos que disputou.


No hay comentarios:

Publicar un comentario