domingo, 5 de septiembre de 2010

XORNADA DE FESTA




Dobre enfrontamento OUTES - COMPOSTELA saldado con unha boa tarde de futbol e confraternidade.

Comezamos con un entretido partido de Cadetes que logo de diferentes alternativas acabou con un resultado de 3-5 a favor dos de Santiago. O partido sirveu para poder ver en acción ós xoves valores da nosa canteira que trataron de tu a tu a todo un Compostela que este ano xogará a Liga Galega.

O partido de xuvenís xa tivo un ritmo mais alto, mais próximo á competición. Os nosos adiantáronse con un golazo de falta de David Mayo e xestionaron esta ventaxa ata os minutos finales do partido, cando o arreón final do Compos dou o seu fruto con dous goles nas postrimeirías do encontro. Resultado final, 1-2.


Na grada numerosos aficionados de Outes e Santiago disfrutando do espectáculo brindado polos rapaces e confraternizando.






O remate dos partidos, directivos, corpos técnicos e xogadores puideron disfrutar dun pequeno refrixerio na cantina do Campo Municipal do Conchido.

En fin. Bonita xornada de convivencia, entre os rapaces e non tan rapaces.

Os directivos do Outes F.C. queren agradecer ó Compostela (xogadores, directivos, corpo técnico e aficionados) a súa presencia en Outes e invitámolos a volver en próximas datas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario