martes, 21 de septiembre de 2010

Só os cadetes conseguiron gañar

Esta fin de semana non foi excesivamente productiva para as diferentes categorías do clube. Si ben a xornada comezaba de maneira inmellorable co partidazo realizado polos Cadetes de Claudino Caamaño que conseguiron unha rotunda victoria sobre o Muros (9-0). Último partido, este, de preparación para a liga que comeza a próxima fin de semana en Zas.

Xa na tarde do sábado, Mazaricos levou a victoria para a casa en un partido raro no cal o futbol brilou pola súa ausencia. O resultado final 1-3, que obliga a traballar mais e mais forte ós nosos chavales con vista ó inicio de liga previsto para dentro dunhas semanas.

O partido co Corcubión foi deses partidos nos cales fas unha primeira parte moi boa, con numerosas ocasións de gol, que perdoas e logo todo se vira. O Cocubión, con ese estilo propio de Manín e moito oficio, fíxose co mando na segunda parte e doulle a volta ó marcador con todo merecemento. Decir que por parte do Outes, nunca se lle perdeu a cara o partido e os xogadores deixaron todo no campo ata o minuto 90, e así o soubo ver unha afición que a pesares do resultado adverso, despideu ó equipo con un aplauso.


O autor do único gol local foi Mingos, unha das fichaxes deste ano, e está a dar moi bo resultado.
Deivi foi expulsado ós poucos minutos de ingresar no campo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario