domingo, 27 de junio de 2010

FESTA DO FUTBOL EN PORTO DO SON

A festa do Futbol de Porto do Son contou coa participación do Outes F.C. nas categorías Infantil, Cadete e Xuvenil.
O equipo infantil (11:00 h.)conseguiu unha victoria por 2-5 mentras os cadetes (12:30) perdían 5-0. Para rematar a participación dos nosos, o equipo xuvenil (17:00) arrancou un mais que merecido empate a 3.
Destacar a presencia de Iván Pérez durante todo o día no Campo Municipal onde se fotografiou cos nenos e disputou un partido de exhibición, xunto a un grupo dos seus amigos para remate da Festa.

jueves, 24 de junio de 2010

O PRESI DE COMPRAS POR SURÁFRICA




O presi tamén se pasou un cachiño por Suráfrica e alí estivo tocando a posibles incorporacións para a vindeira tempada. Para mostra, ahí vai esa foto: O retiro dourado de Carles Puyol

lunes, 21 de junio de 2010

A ver si aprendes aljo, Del Bosque


O noso Roque achegouse un momentiño a Surafrica a darlle as consignas necesarias a Del Bosque. A ver si surte efecto. Nesta cita aprobeitouse para falar da ausencia de Arturo na lista de convocados. O noso capi era un dos que mais sonaba para sustituir a Marcos Senna.

viernes, 18 de junio de 2010

ASAMBLEA OUTES F.C.

O vindeiro sábado 19, no salón de actos da Casa da Cultura de Outes terá lugar a Asamblea Xeral de Socios.
20:30 h. en primeira convocatoria
21:00 h. en segunda convocatoria

A orde do día será a seguinte:
- Lectura e aprobación da acta anterior
- Balance Deportivo da Tempada 09/10
- Balance económico da Tempada 09/10
- Avance da Tempada 10/11
- Rogos e preguntas

Esperamos a máxima afluencia de socios para vivir de primeira man as inquietudes e propostas da nosa masa social.


Será imprescindible identificarse como socio para acceder á asamblea.

lunes, 14 de junio de 2010

III TORNEO FUTBOL 7


O próximo 20 de xuño remata o prazo de inscripción para participar no III Torneo de Futbol 7 OUTES F.C.

O torneo disputarase de 25 de Xuño a 25 de Xullo
Os horarios dos partidos dependerá do número de inscripcións
De luns a venres a partires das 21:15
Sábados de 11:00 a 14:00
Sistema de Competición:Liguilla+eliminatorias
Inscripción: 110€
Lugar: Campo Municipal do Conchido
Teléfono de Contacto: 639069784 - 653990148