martes, 19 de octubre de 2010

38 ANIVERSARIO da federación OUTES F.C.



3 de 3. Que se repita mais veces!

Esta fin de semana foi ben productiva.
Sábado pola mañán comezaba con boas novas para os cadetes que conseguían gañar en un dificilísimo partido ó Cee, que levaba 9 puntos de 9 posibles. Un solitario gol de Paulo, e a boa labor de contención realizada durante os 90 minutos deron os tres puntos ós de Claudino, que se poñen entre os de cabeza da Categoría.

Xa pola tarde, os Xuvenís desfixéronse da Esteirana no Xosé Luis Vara por un claro 0-2. Destacados, os autores dos goles, Edu, Piti (dous ex da Esteirana) e Jonan, que parou un penalti. O partido non tivo demasiada historia, pero supoñen os tres primeiros puntos da tempada.

A goleada da xornada chegou no domingo da man do equipo de 3ª autonómica. O Xaviña, que rendía visita ó Municipal do Conchido, saeu goleado por 6-2 nunha xornada festiva, na cal se celebraba o 38 aniversario da federación do Outes F.C.
O partido foi moi vistoso (8 goles) dende o inicio ata o fin. Xa nos primeiros minutos Saul deleitou os presentes con un potente disparo dende 30 metros que se colou na portería visitante como un misil, establecendo o 1-0. Logo marcarían Chúa, por partida dobre, Martín Caamaño, Kin e Pesco. O numeroso público que se dou cita nunha fantástica tarde, saeu contento polo espectáculo que puideron contemplar.

viernes, 15 de octubre de 2010

ESTA FIN DE SEMANA CELEBRAMOS O CUMPRE


TODO O MUNDO Ó MUNICIPAL DO CONCHIDO ESTE DOMINGO!!!
CELEBRAMOS O 38 CUMPREANOS E QUEREMOS FACELO CONTIGO.
HABERÁ SORPRESAS, AGASALLOS, HINCHABLES PARA OS NENOS E SORTEOS DURANTE O PARTIDO.
TODO DARÁ COMEZO ÁS 17:00 H COA DISPUTA DO PARTIDO DE 3ª AUTONÓMICA ENTRE OS EQUIPOS:


OUTES F.C. -- XAVIÑA

ESPERÁMOSTE!!!

martes, 5 de octubre de 2010

Bos resultados esta fin de semana!!!



Non só o Madrid afinou a puntería. Parece ser que os nosos rapaces tamén o fixeron durante esta fin de semana.

O sábado, no seu debut oficial da liga 10-11, os cadetes endosaronlle un 4-1 ós cadetes do Malpica, que ben puideron ser mais. O equipo estivo moi activo durante os 90 minutos ainda que foi na primeira metade cando se materializaron os cinco tantos. O adestrador Claudino Caamaño puido dar na segunda parte minutos ós menos habituais.

E os maiores tomaron boa nota e deron conta dun sempre dificil e loitador Corcoesto (5-1), completando así unha fin de semana goleadora dos nosos equipos. O partido foi moi vistoso a pesares da gran cantidade de choiva caida tanto no sábado noite coma no mesmo domingo. O Municipal do Conchido aguantou en bo estado e permitiu a disputa dun bonito partido xogado de poder a poder e que non se decidiu completamente ata os últimos 20 minutos, cando foron caendo sucesivamente os goles.
Gran resultado, pois para os nosos, que lles sirve para volver pensar en estar en postos mais altos na taboa clasificatoria. Precisar que os de Roque contaban con numnerosas e importantes baixas tales como Arturo, Álvaro, Potro, Deivi, Martín Caamaño, Dani DB, etc.

Non olvidemos que o próximo sábado comeza unha nova tempada tamén para os xuvenís que terán como estrea ó Mazaricos de Kevin e Brais. Unha boa pedra de toque para comezar esta nova tempada.
SIRO, un clásico da Liga da Costa