sábado, 30 de abril de 2011

BO COMEZO


Corría o minuto 1 de partido e Favio inaugurou o encontro co primeiro dos goles.
Con este arranque todo foi mais facil, e os goles foron caendo ata chegar o 4-0 final. A eliminatoria non está decidida, pero si ben encarrilada.
O vindeiro domingo 8 de maio no Municipal de Lombáns (Carnota), ás 19:30 h. terá lugar o segundo e definitivo acto da eliminatoria de 1/16 de final.


Pesco, un dos destacados sobre o Municipal do Conchido

Outros partidos disputados esta fin de semana son:

En categoría Infantil, o Outes FC enfrontouse ó Santa Comba en un bonito encontro no cal os da comarca do Xallas se levaron o partido por 1-2. Resaltar que o Santa Comba vai 2º na taboa clasificatoria e conta os seus partidos por goleadas. A volta do noso capitán Manu (levaba casi dous meses sen xogar por lesión), deulle outro aire ó equipo.

Manu, autor do gol ante o Santa Comba

En futbol 7, o venres pola tarde disputaronse os partidos de categoría Benxamín e Alevín fronte á Esteirana cos seguintes resultados:

ESteirana 1-2 Outes FC Benxamín
Esteirana 3-2 Outes FC Alevín

Dous encontros moi vibrantes e igualados que poideron caer de calquera lado. Destacar a incomparecencia do Colexiado, co cal o partido foi arbitrado por un aficionado da Esteirana, postos de acordo os dous equipos.

viernes, 29 de abril de 2011

miércoles, 27 de abril de 2011

COPA DA COSTA


Logo dunha larga temporada con problemas técnicos, alleos o OUTES FC, podemos volver publicar novas.
Chega no mellor momento, posto que o vindeiro sábado 30 comezamos a COPA DA COSTA con animos renovados despois do final de liga tan ilusionante.
Adxuntamos cartel do encontro no día da celebración do PAMPALLÍN na Serra. Ten que resultar toda unha festa.