domingo, 20 de febrero de 2011

Vamos a pola 6ª

Chúa volve ó equipo, despois de cumprir contra o Nantón un partido de sanción.

Logo de cinco xornadas sen coñecer a derrota, saida complicada a de esta fin de semana. O Muxía no seu campo sempre é un rival moi dificil e coa choiva destes días o campo non creo que sexa precisamente unha alfombra. Os nosos viaxan coa moral moi alta que che dan eses últimos resultados, posto que o bo futbol xa levaba tempo a acompañar. Un Deivi en racha espera poder seguir marcando goles e confirmar o bo momento tanto persoal como do equipo.

Onte tiveron lugar cinco partidos das categorías inferiores con resultados de todo tipo:

- Comezou cedo o sábado con un trepidante partido de Cadetes entre o Outes FC e o Ponteceso. Partido que mediada a segunda parte parecía resolto co marcador 1-3. Sin embargo as ganas e ambición dos nosos levaronos a poñerse 3-3 e con varias ocasións para poñerse incluso por diante. Os goles locais foron obra de Jura, Veleiro e Zeta. O partido tivo momentos de tensión con entradas fortes, xogadores encarados, etc. pero sempre dentro dos límites.

Manu, alterna partidos co equipo Infantil e Cadete
-Acto seguido (12.15 h.) saltaron ó Municipal do Conchido os Infantís do Outes FC e Os Miudos de Muros. Partido moi entretido con ocasións continuas que fixeron o deleite dos seguidores que, en bo número, se deron cita. Adiantáronse os muradáns na primeira aproximación á portería de David logo de innumerables ocasións dos nosos. Pero esto non fixo mais que espertar un pouco mais ó equipo que a pesares das importantes baixas (Agustín, Simón, Kevin, Adrián, Juli), conseguiu o empate (Adri Alvarellos) antes de que rematara a 1ª parte. Xa na reanudación dous goles mais de Manu e José puxeron o 3-1 definitivo.

- Xa pola tarde en Carnota deu comezo a liga de F7 Alevín e Benxamín. Dificil esta primeira saída ante o un dos candidatos mais serios ó título. Os de Alfredo Cambeiro non deron opción e derrotaron con claridade os noso pequenos. Benxamíns 10-0 e Alevíns 8-0. Para a semana recibimos á Esteirana no Municipal do Conchido.

- Ó mesmo tempo diputábase no Municipal do Conchido o último partido de liga de categoría Xuvenil entre o Outes FC e o Corcubión. O resultado da boa conta do entretido do partido. 3-6 con goles de Piki e Edu (2). Este mismo enfrontamento terá lugar por partida dobre en próximas datas posto que así o deparou o sorteo de Copa.

martes, 15 de febrero de 2011