martes, 25 de enero de 2011

0-2 o Corcoesto

Martín Caamaño, autor do segundo gol.
Dificil saída a deste fin de semana que se saldou con unha moi traballada victoria por 0-2.
Martín e Marico foron os autores dos goles. Estes chegaron no comezo de ambalasdúas partes.

Por outro lado, os xuvenís deron a campanada nun dos campos e rivais mais dificiles da categoría.
Ganaron 2-4 coa presencia de varios cadetes, debido ó descanso desta categoría. Piki, con un grandísimo partido foi fundamental nesta victoria e na melloría xeral que está a experimentar o equipo nas últimas datas.

O equipo de categoría Infantil conseguiu sair con unha honrosa derrota de Castriz, onde disputou o seu encontro contra o lider da competición: O Santa Comba, quen conta por goleadas os seus partidos. A primeira parte foi de moito traballo e contención logrando un moi traballado empate a cero, pero nada mais sair ó campo na segunda metade o Santa Comba acadou o seu primeiro gol e xa foi moi dificil paralos. O 5-0 final pode considerarse un bo resultado para os nosos pequenos.

martes, 18 de enero de 2011

Un derbi coma os de antes.

Un bonito partido disputado de poder a poder co resultado final de 1-1 como podía ser outro calquera. Oportunidades por parte dos dous equipos, polémica, expulsións... Nada, o típico dun derbi.
O gol que daba lugar ó empate por parte de kin, moi protestado polos visitantes, logo de ver o video queda claro que é legal. En próximas datas estará colgado o mesmo para quen queira visualizalo.
O resultado propicia un triple empate na cabeza da clasificación. Mazaricos, Nantón e Cerqueda a 42 puntos.

lunes, 10 de enero de 2011

FIN DE SEMANA "HORRIBILIS"

Fin de semana malo, Malo, MALO!!!
Os catro equipos perderon, e non se fixo nin un só gol a favor.
Un saldo total de 18-0.
3ª autonómica
Corcubión 3 - 0 Outes F.C.
1ª autonómica Xuvenil
Soneira 4 - 0 Outes F.C.
2ª autonómica Cadete
Corme 3 - 0 Outes F.C.
2ª autonómica Infantil
Esteirana 8 - 0 Outes F.C.

Non podemos baixar os brazos.

lunes, 3 de enero de 2011

ANO NOVO, NOVA VICTORIA



Ainda que pola mínima, os tres primeiros puntos do ano quedaron no Conchido.


Un partido no cal Deivi, de novo, volveu marcar e dar unha importantísima victoria para os nosos. O gol chegou na primeira parte cando o noso goleador resolveu con maestría un man a man co porteiro visitante. Logo sucedéronse ata o final do partido varias ocasións mais para un e outro bando, pero xa non terían trascendencia no marcador.


Resaltar unha parada a bocaxarro de Moncho, que todos vimos dentro.




Os xogadores do Alcaián mostraronse en todo momento moi combativos, quizais en exceso, deixando sempre o pe en tódalas xogadas. Resultado dese xogo brusco e protestas foi a expulsión que sufriu xa no primeiro tempo.




Ó final 1-0 e 3 puntos mais que van a parar o casilleiro do Outes FC.




Por enésima vez, un dez para a afición, que acudeu o campo en masa e animou en todo momento ó equipo.