Ainda que pola mínima, os tres primeiros puntos do ano quedaron no Conchido.
Un partido no cal Deivi, de novo, volveu marcar e dar unha importantísima victoria para os nosos. O gol chegou na primeira parte cando o noso goleador resolveu con maestría un man a man co porteiro visitante. Logo sucedéronse ata o final do partido varias ocasións mais para un e outro bando, pero xa non terían trascendencia no marcador.
Resaltar unha parada a bocaxarro de Moncho, que todos vimos dentro.
Os xogadores do Alcaián mostraronse en todo momento moi combativos, quizais en exceso, deixando sempre o pe en tódalas xogadas. Resultado dese xogo brusco e protestas foi a expulsión que sufriu xa no primeiro tempo.
Ó final 1-0 e 3 puntos mais que van a parar o casilleiro do Outes FC.
Por enésima vez, un dez para a afición, que acudeu o campo en masa e animou en todo momento ó equipo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario