lunes, 30 de mayo de 2011

Chúa, segundo capitán do Outes FC


Eu, segundo capitan do OUTES FC confio plenamente no meu equipo e na miña aficion, que non me vai fallar. Creo na REMONTADA!!!
NOS PODEMOS!!!

3-0. Pelearemos ata o final.


3-0 nun partido no que os nosos non se deron adaptado a un campo tan grande, a un rival tan grande... A pesares de todo, intentaron e intentaron ata que o árbitro pitou o final do partido. Ahora queda pensar na volta. As circunstancias serán ben distintas no noso campo e con todos os xiareiros apoiando e levando en voandas ó equipo.

CRONICA DO PARTIDO SEGÚN PIRATAS DE MUXIA
Xallas 3-0 Outes:
Notouse moito a diferenza de categoría, e a pesares de tentalo, e ter un par de boas ocasións de gol, os de Manu Roque foron sempre a "remolque" ante un equipo que se amosou moito mellor fisicamente.Os de Iván Cancela marcaron as tres ocasións que tiveron na primeira metade.Adiantou o seu equipo Roberto o aloxar no fondo das mallas un saque de curruncho botado por Rubén.O propio Rubén, "despexaría" dúbidas os 37 minutos o aproveitar un pase en profundidade de Brais.E Adrián Prol finiquitaría o encontro e posiblemente a eliminatoria os 41 minutos o aproveitar un preciso centro de Ismael.



CRONICA DO PARTIDO SEGÚN QUEPASANACOSTA

Xallas – Outes (3-0)

  • Xallas: David (Cheli, min.70), Isma (Chema, min.71), Pereiro, Iván, Nacho, Ricardo, Brais, Rubén Forján (José Angel, min.60), Roberto (Pablo, min.65), Adrián Prol (Ricard, min.75), Leo.
  • Outes: Moncho, Álvaro (Debé, min.78), Martín, Chúa, Arturo, Poke (Edu, min.70), Saúl (Damián, min.80), Piki, Quin (Pitu, mnin.80), Pesco, Fabio (Las, min.70).
  • Goles: 1-0, min.13: Roberto; 2-0, min.38: Rubén Forján; 3-0, min.44: Adrián Prol.

Deu a cara o Outes que chegou a Fontenla sen pecharse atrás, de ti a ti, intentando tocar o balón. Pero este Xallas ten moito potencial a pesar das 8 baixas coas que contaba Iván Cancela. E o demostrou machando a eliminatoria no primeiro tempo.

Moi efectivos os xalleiros, cun primeiro tanto de Roberto tras un córner, e con dúas accións rápidas polas bandas tras dúas perdas de balón dos visitantes. A segunda foi máis igualada, cun Xallas temporizando, e sen demasiadas ocasións. Si tiveron os de Manu Roque e Tomé un par de achegamentos por parte de Pesco e Piki, pero non entraron.


Crónica do partido según A Voz de Galicia

El Xallas encarriló la eliminatoria ante el Outes (3-0), en un

encuentro en el que los visitantes volvieron a dar una buena

imagen y un excelente trato al balón.

Xallas: David (Chely, min 70); Isma (Chema, min 71), Iván,

Nacho, Pereiro; Rubén (José Ángel, min 60), Ricardo, Brais,

Rober (Pablo, min 65); Adrián Prol (Ricard, min 77) y Leo.

Outes: Moncho; Álvaro (Deivi, min 55), Chúa, Arturo, Martín;

Poque, Saúl (Edu, min 80), Piqui, Quin (Las, min 70);

Pesco (Damián, min 75) y Fabio.

Árbitro: Suárez Lamas (A Coruña). Estuvo bien.

Goles: 1-0, min 14: Rober; 2-0, min 37: Rubén;

3-0, min 41: Adrián Prol.

Incidencias: Excelente entrada en el recinto Fontenla,

con 350 aficionados, con un buen número de A Serra de Outes.

viernes, 27 de mayo de 2011

A POR ELES!!!


Esta fin de semana temos o partido de ida dos cuartos de final da COPA DA COSTA na Fontenla (Santa Comba). O Xallas, un rival de entidade que acaba de conquerir o ascenso a Preferente.
O partido será o Domingo ás seis da tarde e viaxamos coa duda de Arturo e as baixas de Gato e Mario.
O partido de volta, como ben se aprecia no cartel, será o Domingo 5 de Xuño ás 5 da tarde no Municipal do Conchido.

sábado, 21 de mayo de 2011

1-5. A cuartos de final "voando"

Houbo que aguantar o chaparrón dos primeiros minutos donde o Muxía saeu a por todas, pero en canto caeu o primeiro gol, a eliminatoria estaba decidida.
Mañán saberemos a quen nos enfrentamos. Sofán ou Xallas, calquera dos dous serán rivais de coidado.

jueves, 19 de mayo de 2011

miércoles, 18 de mayo de 2011

1-2. AMIGABLE DÍA DAS LETRAS GALEGAS

1-2, pero moi bo sabor de boca o que nos deixaron este pasado martes os nosos. O primeiro tempo foi mais ben de tanteo con pouco futbol e poucas ocasións de gol, que pouco mais sirveu que para ver en acción a Fernando (fichaxe para a copa procedente do Cruido). O Esclavitude adiantouse nun barullo á saída dun corner contra o final deste primeiro periodo.
Sin embargo na segunda parte o equipo volveu a ser o de sempre e o balón circulaba de lado a lado creando situacións de perigo constantemente. Pero nunha contra o Esclavitude consigueu poñer o 0-2 no marcador. Esto non foi un problema e o equipo seguiu na súa liña a buscar ocasións a base de mover e mover o balón. Xa na recta final do encontro Sergio Caamaño marcou o 1-2 final.
Bo partido en xeral, a pesares das baixas.
Destacar o debut de Fernando, así como a actuación no encontro de Angel, Piti, Piki, Edu ;) ou Sergio (rapaces ainda en idade xuvenil).

domingo, 15 de mayo de 2011

2-0 E AS ESPADAS EN TODO O ALTO.

Bo resultado o colleitado hoxe no Municipal do Conchido. O partido foi moi trabado e con pouco futbol, pero ó final o 2-0, goles de Pesco e Sergio (xuvenil) da un aire de optimismo para afrontar o partido de volta na Arliña.




Gardouse un emotivo minuto de silencio como repulsa á violencia de xénero e polo fallecemento de D. José Alborés, avó de Álvaro, xogador do OUTES F.C.

viernes, 13 de mayo de 2011

O OUTES F.C. Contra a violencia de xénero


Logo do acaecido en Noia e non podendo ser doutra forma, o OUTES FC mostra o seu mais rotundo rexeite á violencia de xénero.

Chegue dende esta terra veciña un abrazo a familiares e amigos.



Pequeno contratempo


Nando, con un pequeno pinchazo muscular, descartado para esta fin de semana. A fichaxe mais esperada terá que agardar para o seu debut na copa da costa.

miércoles, 11 de mayo de 2011

martes, 10 de mayo de 2011

OITAVOS DE FINAL

Unha vez pasados os 1/16 de final, enfrontámonos ó MUXIA FC. Eliminatoría que se xogará primeiro no Conchido o vindeiro domingo 15 ás 17:00 h. e o de volta na Arliña o domingo 22.

Esperamos o voso apoio para poder chegar ós cuartos de final!!!

Os demais enfrontamentos da Copa da Costa son os que siguen:








domingo, 8 de mayo de 2011

RESULTADOS DO DOMINGO

FELICIDADES EDU!!! Autor de un gol ante o Lira. Ánimo campeón.
O desprazamento dos infantís a Coristanco resultou do mais apaixoante. Logo dun comezo arrollador dos locais que sairón en tromba e lograron adiantarse en apenas media hora por 3-0, chegou a reacción dos nosos. Fran, de duro tiro pola escadra marcou o 3-1 antes do descanso e nunha moi boa segunda parte Manuel (de penalti) e Fabio colocaron o definitivo 3-3 no marcador.
Punto e final á tempada dos Infantís.


Por outro lado, o partido de volta dos 1/16 de final da Copa da Costa celebrado en Carnota, trouxo unha nova goleada dos nosos ó Lira CF. 0-4 con goles de Kin, Arturo, Chúa e Edu, e que deixa o total da eliminatoria en 8-0. O vindeiro rival a enfrontarse será o Muxía que apeou ó Porteño nesta ronda.
Para afrontar esta próxima rolda da Copa, o clube está a xestionar entre outros, a incorporación de Nando "Chasco".

sábado, 7 de mayo de 2011

RESULTADOS DESTE SÁBADO



Comezou cedo esta xornada de sábado coa disputa en Esteiro do partido de cadetes. O resultado (3-1) non reflexa a realidade do partido, na cal os nosos deron a cara en todo momento, e tan só nos minutos finais se decantou o partido do lado local.

Por outra banda, o dobre enfrontamento contra os miudos de Muros, saldouse con dúas claras victorias nas categorías benxamín e alevín. Roberto, nos benxamíns e Adán nos alevíns, foron os mais destacados logrando 3 e 4 goles respectivamente.

jueves, 5 de mayo de 2011

VOLTA DA COPA

Ahí vai o OUTES FC e a súa mareona para Lonbáns!!!


O vindeiro domingo afrontamos a volta dos 1/16 final da copa da costa. O partido será en Lonbáns (Carnota), ás 19:30. A saída terá lugar ás 17:30 dende a Praza de Galicia. Os afionados que queiran acompañar ó equipo, están invitados.

domingo, 1 de mayo de 2011

Fichaxes para a Copa


En vistas de que a eliminatoria de 1/16 está encamiñada, vamos a facer unhas fichaxes para poder competir por levarnos esta edición da COPA DA COSTA.

O desembolso económico vai a ser grande, xa que as súas clausulas de rescisión e altas fichas non son asequibles para calquera clube, pero cremos que merece a pena.


FELICIDADES MAMIS!!!