domingo, 8 de mayo de 2011

RESULTADOS DO DOMINGO

FELICIDADES EDU!!! Autor de un gol ante o Lira. Ánimo campeón.
O desprazamento dos infantís a Coristanco resultou do mais apaixoante. Logo dun comezo arrollador dos locais que sairón en tromba e lograron adiantarse en apenas media hora por 3-0, chegou a reacción dos nosos. Fran, de duro tiro pola escadra marcou o 3-1 antes do descanso e nunha moi boa segunda parte Manuel (de penalti) e Fabio colocaron o definitivo 3-3 no marcador.
Punto e final á tempada dos Infantís.


Por outro lado, o partido de volta dos 1/16 de final da Copa da Costa celebrado en Carnota, trouxo unha nova goleada dos nosos ó Lira CF. 0-4 con goles de Kin, Arturo, Chúa e Edu, e que deixa o total da eliminatoria en 8-0. O vindeiro rival a enfrontarse será o Muxía que apeou ó Porteño nesta ronda.
Para afrontar esta próxima rolda da Copa, o clube está a xestionar entre outros, a incorporación de Nando "Chasco".

No hay comentarios:

Publicar un comentario