3-0 nun partido no que os nosos non se deron adaptado a un campo tan grande, a un rival tan grande... A pesares de todo, intentaron e intentaron ata que o árbitro pitou o final do partido. Ahora queda pensar na volta. As circunstancias serán ben distintas no noso campo e con todos os xiareiros apoiando e levando en voandas ó equipo.
CRONICA DO PARTIDO SEGÚN PIRATAS DE MUXIA
Xallas 3-0 Outes:
Notouse moito a diferenza de categoría, e a pesares de tentalo, e ter un par de boas ocasións de gol, os de Manu Roque foron sempre a "remolque" ante un equipo que se amosou moito mellor fisicamente.Os de Iván Cancela marcaron as tres ocasións que tiveron na primeira metade.Adiantou o seu equipo Roberto o aloxar no fondo das mallas un saque de curruncho botado por Rubén.O propio Rubén, "despexaría" dúbidas os 37 minutos o aproveitar un pase en profundidade de Brais.E Adrián Prol finiquitaría o encontro e posiblemente a eliminatoria os 41 minutos o aproveitar un preciso centro de Ismael.

CRONICA DO PARTIDO SEGÚN QUEPASANACOSTA
Xallas – Outes (3-0)
- Xallas: David (Cheli, min.70), Isma (Chema, min.71), Pereiro, Iván, Nacho, Ricardo, Brais, Rubén Forján (José Angel, min.60), Roberto (Pablo, min.65), Adrián Prol (Ricard, min.75), Leo.
- Outes: Moncho, Álvaro (Debé, min.78), Martín, Chúa, Arturo, Poke (Edu, min.70), Saúl (Damián, min.80), Piki, Quin (Pitu, mnin.80), Pesco, Fabio (Las, min.70).
- Goles: 1-0, min.13: Roberto; 2-0, min.38: Rubén Forján; 3-0, min.44: Adrián Prol.
Deu a cara o Outes que chegou a Fontenla sen pecharse atrás, de ti a ti, intentando tocar o balón. Pero este Xallas ten moito potencial a pesar das 8 baixas coas que contaba Iván Cancela. E o demostrou machando a eliminatoria no primeiro tempo.
Moi efectivos os xalleiros, cun primeiro tanto de Roberto tras un córner, e con dúas accións rápidas polas bandas tras dúas perdas de balón dos visitantes. A segunda foi máis igualada, cun Xallas temporizando, e sen demasiadas ocasións. Si tiveron os de Manu Roque e Tomé un par de achegamentos por parte de Pesco e Piki, pero non entraron.
Crónica do partido según A Voz de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario