martes, 17 de agosto de 2010

TROFEO CONCELLO: Saldo Positivo



Con tres victorias e unha derrota rematamos o Trofeo Concello de Outes.
Os nosos deron boa conta en categoría Cadete e Xuvenil da Esteirana cos seguintes resultados:
Outes -- Esteirana (xuv): 4-3
Outes -- Esteirana (Cad): 7-1
En categoría Senior, os resultados foron os que se detallan:
Outes - Porto do Son : 4-0
Negreira - Santa Comba: 1-0
Outes - Negreira: 0-1

jueves, 12 de agosto de 2010

O GRAN DERBI


Acércase o momento. Os equipos sinten a presión. Os aficionados mandan recado ós seus veciños. Todo está listo para o primeiro GRAN DERBI da tempada 2010/2011.

Este sábado no Municipal do Conchido, ás 20:30 h. terá lugar o derbi mais quente da 3ª División. SANTA COMBA -- NEGREIRA.

Claro que o plato forte (salvando as distancias) estará dúas hora antes cando o Outes F.C. faga a presentación oficial ante a súa afición coa disputa do partido OUTES F.C. -- PORTO DO SON.

Contaremos tamén na xornada do sábado coa presencia dos xuvenís da Esteirana que se medirán ó noso equipo Xuvenil. Esto será ó redor das 16:30.

Xa o Domingo contaremos de novo coa presencia dos nosos veciños de Esteiro para a disputa da final de Cadetes (Outes - Esteirana), 18:30 h.

E por suposto, a GRAN FINAL a disputar entre os equipos gañadores das semifinais do día anterior, poñendo así colofón a esta edición do Torneo CONCELLO DE OUTES 2010. A final dísputarase ás 20:30.

Esperamos contar coa vosa presencia. Os carnets de socio estarán a disposición dos socios para ser retirados.

domingo, 8 de agosto de 2010

Primeira victoria

0-3 en Boqueixón fronte ó Camporrapado e Mingos (unha das fichaxes desta tempada) estreouse como goleador por partida dobre. O mencionado Mingos e Arturo foron os autores dos goles branquinegros. O partido estivo controlado en todo momento e o Outes non dou opción a un camporrapado o que se lle veu un pouco verde nestes comezos de pretempada.

O sábado teremos os enfrontamentos de semifiniais do Trofeo Concello de Outes:
Outes - Porto do Son
Negreira - Santa Comba

jueves, 5 de agosto de 2010

PRIMEIRO PARTIDO

Onte, en Bertamiráns, xogamos o primeiro partido de pretemporada contra o equipo local de Preferente. O resultado: 3-1 dando unha moi grata impresión.
Con apenas dous adestramentos nas costas, os chavales disputaron un partido no cal se deixou notar o traballo feito na temporada anterior.
O gol dos noso foi logrado por Deivi de penalti.

1ª XORNADA


Xa está o novo calendario listo. O comezo do Outes será no Conchido fronte o Laxe.

O calendario completo podes velo na pestaña calendarios.

martes, 3 de agosto de 2010

Primeiros adestramentos da 2010/2011

CADETES 2010/2011


Cadetes, Xuvenís e Senior xa traballan con vistas ó comezo da nova tempada.




Estase a pechar todo o calendario de partidos de pretempada, do cal daremos conta en canto quede totalmente pechado.

Para dar comezo, mañán xoves, o equipo Senior, viaxa a Bertamiráns para enfrontarse ó equipo de Preferente. O partido terá lugar ás 21:00 h.