martes, 25 de enero de 2011

0-2 o Corcoesto

Martín Caamaño, autor do segundo gol.
Dificil saída a deste fin de semana que se saldou con unha moi traballada victoria por 0-2.
Martín e Marico foron os autores dos goles. Estes chegaron no comezo de ambalasdúas partes.

Por outro lado, os xuvenís deron a campanada nun dos campos e rivais mais dificiles da categoría.
Ganaron 2-4 coa presencia de varios cadetes, debido ó descanso desta categoría. Piki, con un grandísimo partido foi fundamental nesta victoria e na melloría xeral que está a experimentar o equipo nas últimas datas.

O equipo de categoría Infantil conseguiu sair con unha honrosa derrota de Castriz, onde disputou o seu encontro contra o lider da competición: O Santa Comba, quen conta por goleadas os seus partidos. A primeira parte foi de moito traballo e contención logrando un moi traballado empate a cero, pero nada mais sair ó campo na segunda metade o Santa Comba acadou o seu primeiro gol e xa foi moi dificil paralos. O 5-0 final pode considerarse un bo resultado para os nosos pequenos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario