martes, 19 de octubre de 2010

3 de 3. Que se repita mais veces!

Esta fin de semana foi ben productiva.
Sábado pola mañán comezaba con boas novas para os cadetes que conseguían gañar en un dificilísimo partido ó Cee, que levaba 9 puntos de 9 posibles. Un solitario gol de Paulo, e a boa labor de contención realizada durante os 90 minutos deron os tres puntos ós de Claudino, que se poñen entre os de cabeza da Categoría.

Xa pola tarde, os Xuvenís desfixéronse da Esteirana no Xosé Luis Vara por un claro 0-2. Destacados, os autores dos goles, Edu, Piti (dous ex da Esteirana) e Jonan, que parou un penalti. O partido non tivo demasiada historia, pero supoñen os tres primeiros puntos da tempada.

A goleada da xornada chegou no domingo da man do equipo de 3ª autonómica. O Xaviña, que rendía visita ó Municipal do Conchido, saeu goleado por 6-2 nunha xornada festiva, na cal se celebraba o 38 aniversario da federación do Outes F.C.
O partido foi moi vistoso (8 goles) dende o inicio ata o fin. Xa nos primeiros minutos Saul deleitou os presentes con un potente disparo dende 30 metros que se colou na portería visitante como un misil, establecendo o 1-0. Logo marcarían Chúa, por partida dobre, Martín Caamaño, Kin e Pesco. O numeroso público que se dou cita nunha fantástica tarde, saeu contento polo espectáculo que puideron contemplar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario