martes, 5 de octubre de 2010

Bos resultados esta fin de semana!!!



Non só o Madrid afinou a puntería. Parece ser que os nosos rapaces tamén o fixeron durante esta fin de semana.

O sábado, no seu debut oficial da liga 10-11, os cadetes endosaronlle un 4-1 ós cadetes do Malpica, que ben puideron ser mais. O equipo estivo moi activo durante os 90 minutos ainda que foi na primeira metade cando se materializaron os cinco tantos. O adestrador Claudino Caamaño puido dar na segunda parte minutos ós menos habituais.

E os maiores tomaron boa nota e deron conta dun sempre dificil e loitador Corcoesto (5-1), completando así unha fin de semana goleadora dos nosos equipos. O partido foi moi vistoso a pesares da gran cantidade de choiva caida tanto no sábado noite coma no mesmo domingo. O Municipal do Conchido aguantou en bo estado e permitiu a disputa dun bonito partido xogado de poder a poder e que non se decidiu completamente ata os últimos 20 minutos, cando foron caendo sucesivamente os goles.
Gran resultado, pois para os nosos, que lles sirve para volver pensar en estar en postos mais altos na taboa clasificatoria. Precisar que os de Roque contaban con numnerosas e importantes baixas tales como Arturo, Álvaro, Potro, Deivi, Martín Caamaño, Dani DB, etc.

Non olvidemos que o próximo sábado comeza unha nova tempada tamén para os xuvenís que terán como estrea ó Mazaricos de Kevin e Brais. Unha boa pedra de toque para comezar esta nova tempada.
SIRO, un clásico da Liga da Costa

No hay comentarios:

Publicar un comentario