martes, 26 de julio de 2011

CERVECERÍA EQUS CAMPEÓN IV TORNEO FUTBOL 7

SEMIFINAL EQUS - OS DA CRUZ

Foi seguramente o partido con mais tensión e incertidume do campeonato, superando incluso á final. Cervecería Equs desfixose do campeón da anterior edición en un enorme partido polas dúas partes, para logo proclamarse campión do IV Torneo de Futbol 7 - Outes 2011.

SEMIFINAL TARÁS - EL JAIME/CABANETÁN

Transportes El Jaime/Construccións Cabanetán conseguiu o que parecía imposible na semifinal que os enfrontaba contra outro dos favoritos (Tarás), e logrou levantar un 2-0 en contra con tan só 6 xogadores trala expulsión de Fonsi. Un esforzo que de seguro lles pasou factura na disputa da final. A pesares do cansancio e da baixa por sanción de Fonsi, nunca deron o partido por perdido e puidose ver unha disputada final.

No hay comentarios:

Publicar un comentario