martes, 2 de noviembre de 2010

OS CADETES Ó PODER




O equipo dos Cadetes sigue imparable. Esta fin de semana derrotou por 5-0 ó Soneira, e xa está no grupo de cabeza a tan só 2 puntos do 1º clasificado, o Cabana. Os de Claudino ainda non coñecen a derrota, e tan só cederon ante o Carnota un empate. Estes chavales van lanzados e próximo fin de semana visitan Miraflores para enfrontarse ó pechacancelas, o Muros. Todo fai presaxiar unha nova victoria dos nosos, pero debemos ser prudentes e non caer na euforia.

Por outra banda, nun partido moi reñido, os xuvenís non puideron conseguir a súa segunda victoria da tempada e perderon con todo un Cee pola mínima, dando unha moi boa impresión. Os nosos marcaron un gol que, logo de concedelo, o árbitro dou marcha atrás pola presión de xogadores e afeccionados do Cee.

O domingo xogou o equipo de 3ª autonómica contra o Muxía. O Outes dominou durante os 90 minutos e puido conseguir un resultado mais amplo. O xogo realizado polos de Roque foi dos que fan disfrutar ó publico e con un Mario en racha, que marcou sendos golazos dende fora da área, gañou ós muxiáns por 2-0. Decir que con todo eso, o Muxía deixou a impronta dun equipo con oficio e ben traballado, pero que nada puido facer ante o xogo despregado polos nosos.

Os mais pequenos do clube, os infantís, conseguiron o segundo empate. Este último ante o Cee. Empate moi traballado e que se conseguiu logo de remontar un 1-3 adverso. Comezou o partido co Outes moi titubeante, e con numerosos fallos defensivos que deron lugar ós goles ceenses. Pero co paso dos minutos e o apoio da grada, foron asentando no campo e lograron remontar e asediar na segunda parte ó Cee, merecendo incluso un resultado mellor. No vindeiro fin de semana, rinden visita ós Miudos de Muros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario