martes, 9 de noviembre de 2010

Os pequechos dan as alegrías


Esta fin de semana quedamos a medias. Tan só puideron sacar algo positivo os infantís e cadetes, que se desprazaron a Muros. Os xuvenís e aficionados caeron pola mínima.

Bo partido o disputado polo equipo Cadete que comezaba este sábado ás 10 da mañá. O municipal de Miraflores puido presenciar o resultado mais amplo da xornada con un 0-4 para os de Claudino. Abraham con un hat-trick foi o mais destacado dos nosos. Con esta victoria, os cadetes escalan ata a 3ª posición da taboa a tan só 2 puntos da cabeza.

Xa as 12:00 e sin sair de Miraflores, os nosos infantís enfrentaronse ós miudos. O partido non comezou con bo pe, con 15 minutos xogados, o equipo local xa dispoñía dunha renta de dous goles. A pesares de apretar e chegar con perigo á portería dos miudos, foise ó descando co resultado de 2-0. Na volta dos vestiarios, seguiu o asedio da portería local por parte dos nosos rapaces que con moito traballo conseguiron empatar con goles de Manu e Fabio, xa no minuto 2 de desconto.

Bonito encontro o que se puido ver este sábado pasado no Municipal do Conchido, onde o Fisterra dou un recital de bo xogo, principalmente na primeira media hora de encontro. Os fisterráns dispuxeron de numerosas ocasións de gol que en ocasións desbaratou Jonan, en outras rechazadas polos paus e incluso xogadores visitantes que rechazaban os propios disparos dos seus. Pero o Outes aguantou ben o chaparrón e a pesares de recibir o primeiro gol ós poucos minutos, non se veu abaixo e preto do descanso conseguiu empatar o partido con gol de Piti. Xa na segunda parte, o encontro estivo mais nivelado, pero as chegadas do Fisterra seguían a ser moi perigosas. Xa na recta final do partido, o gol dos visitantes colocou o 1-2 final no marcador.

Os aficionados disputaron, como ven sendo habitual, un moi bo partido. O Cabana non era quen de parar ós nosos, e limitouse a defender (eso si, moi ben ordenados) e tentar sair á contra. Non chegaron á portería de Gato con perigo en todo o partido. Por parte do Outes, Deivi tivo un man a man co porteiro que puido supoñer o 0-1, Primo tamén dispuso de unha inmellorable ocasión para marcar de cabeza, pero o remate saeu rozando o poste. Pero foi un corner do Cabana, o que puxo o 1-0 no marcador, que xa non se movería.

No hay comentarios:

Publicar un comentario