viernes, 3 de junio de 2011

CHAMAMENTO Á AFICIÓN.


Hoxe recibimos unha mensaxe no correo electrónico do clube, a cal damos difusión, posto que creemos reflexa ben ás claras o sentir da familia que formamos o OUTES FC. Pediu quedar no anonimato polo tanto, respetaremos o seu desexo.

Bos días, Xiareiros.
Hoxe dirixome a vos en nome da plantilla, corpo técnico e directiva do OUTES FC.
Temos este domingo un reto. Un reto moi dificil e á vez moi bonito. Superar esta eliminatoria co Xallas vai ser do mais compricado. O feito de poder estar nunhas semifinais da Copa da Costa é algo realmente impensable fai tan só uns meses. Ahora que se empeza a recoñecer o noso futbol e o traballo ben feito, temos que refrendalo logrando algo que de credibilidade ó que estamos a facer. Necesitamos estar todos ó 100%, ou mais si se pode.
Precisamos que, un día mais, a afición mais grande (en tódolos sentidos) da costa, leve en brazos ó equipo coma noutras ocasións o fixo, necesitamos desa forza que transmiten os gritos guerreiros da nosa grada cando ruxe, a explosión de xubilo cando marcamos un gol, eses "OLE" cando o pesco lles fai un lío a tres contrarios, o griterío emocionado de cando Moncho salva unha clara ocasión... e esperamos, como non, o apoio incondicional que nos dades cando as cousas non van de todo ben.
Xiareiros do OUTES FC, simplemente precisamos de vos.
Esperámosvos este domingo 5 ás 17:00 h. no MUNCIPAL DO CONCHIDO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario