lunes, 6 de junio de 2011

Crónica "quepasanacosta"

Outes – Xallas (2-2)

  • Outes: Moncho, Álvaro, Martín (Quin, min.56), Chúa, Arturo, Poke (Sergi, min.85), Saúl, Piqui, Potro (Las, min.85), Pesco (Damián, min.81) e Fabio (Edu, min.68).
  • Xallas: David, Nacho, Pereiro, Brais (Iván, min.60), Álvaro, Ricardo, Prol (Toni, min.55), Jesús (Chema, min.83), Leo (Rubén, min.50), José Ángel (Pablo, min.72) e Roberto.
  • Goles: 1-0, min.15: Piqui; 1-1, min.81: Rubén de penalti; 2-1, min.89: Arturo; 2-2, min.93: Pablo tras unha xogada de Toni pola banda.
  • Expulsión: Roberto no min.35 por vermella directa.

Entrou enchufado o Outes coa ilusión, polo menos de sacar un resultado positivo ante un equipo de Preferente. E deu a cara en todo momento o equipo de Roque e Tomé, e ata foron mellores no primeiro tempo. Potro, Pesco, Piqui e Chúa puideron poñer un par de goles de vantaxe para os locais pero só foi Piqui o que poría o 1-0 aos 15 minutos.

A igualdade reinou durante moitos minutos. O Xallas quedou con 10 trala expulsión de Roberto aos 35 minutos, baixa importante no ataque de Cancela para as semifinais. Pero o Outes quedaba na mesma xogada con 10emedio pois o porteiro Moncho quedou mancado no xeonllo.

Na segunda temporizou máis o Xallas, e non permitiu que houbese moitas ocasións. A entrada de Toni foi determinante, revolucionando o xogo ofensivo dos xalleiros. Ao final, Pablo tras un pase atrás de Toni puxo un empate que se ben non valía para nada, si deixou algo tristes aos locais, que unha vitoria lles daba unha alegría.

No hay comentarios:

Publicar un comentario