lunes, 15 de agosto de 2011

E á terceira foi a vencida. O OUTES FC puido levarse o seu trofeo.




Á terceira foi a vencida. Dende a volta ó calendario do Trofeo Concello de Outes, os nosos rapaces tan só puideron conseguir dous segundos postos nas finais disputadas a Santa Comba e Negreira. Esta edición do 2011 si foi posible, e nun partido con final de infarto, logrou remontar o 1-0 co que se adiantou no marcador o conxunto dirixido por Alfredo Cambeiro. Os goles de Kin e Fabio fan xusticia e permiten a Arturo levantar o trofeo de Campións 2011. Todo un logro ante un Carnota con feituras de equipo para o ascenso, que chegou á final gañando a todo un Noia de primeira autonómica.
Unha vez mais, o factor AFICIÓN foi fundamental para lograr sacar o mellor dos noso futbolistas. Gracias a todos!!!





Un abrazo para a UD Carnota, e gracias pola vosa visita a Outes. Sorte de cara á Liga 11/12.

No hay comentarios:

Publicar un comentario