lunes, 29 de agosto de 2011

Un bo debut!

Día agradable para a práctica do futbol, terreno de xogo en perfectas condicións, numeroso público nas gradas do Municipal do Conchido. Con todo eso, non podía ser doutra maneira: o Outes FC saleu dende o primeiro minuto a resolver o encontro e en menos de un cuarto de hora, xa contaba con tres goles de vantaxe. Fernando e Fabio foron os goleadores por partida dobre, ante un Laxe que acudeu o primeiro encontro de liga con numerosas baixas.

O resultado puido ser maior, dado que en numerosas ocasións se presentaron os xogadores branquinegros nas proximidades da portería contraria con perigo, que por unhas ou outras cousas non se acertou a resolver. Fernando e David foron dos destacados no debut oficial coa elástica do Outes. Así tamén, Fabio con dous goles e Pesco con varias asistencias de gol, dentro de un bo tono xeral da plantilla.

4-0 que para empezar a liga é un mais que bo resultado. Ahora a pensar no Lira, que a vindeira fin de semana nos recibe en Lombáns.


No hay comentarios:

Publicar un comentario